Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

MARCAPÁXINAS

Para o día da poesía ademáis de iniciarnos nos poemas e facer un pequeno poemario, elaboramos uns marcapáxinas cunha pequena rima alusiva ao mar, destacando a importancia que ten para nosoutros o seu coidado. Todo isto como podedes ver, sempre dentro do mesmo proxecto: "ENERXÍAS SOSTIBLES". Apoveitando que o luns é o dia do libro parécenos unha boa idea agasallar aos nosos pais con este marcapáxinas xa que son eles os que nos inculcan nun primeiro momento ese interese polos libros, e máis, cando compartimos momentos comúns de lectura. Open publication - Free publishing - More book

PENSAMENTOS

Un ano máis alumnos/as ingleses veñen de intercambio ao noso colexio e como sempre o alumnado de Primaria ten preparado o seu recibimento. Como coincide có día do libro, luns 23 de abril, os alumnos/as de 3ºP danlles a benvida cun pequeno agasallo, un libro que titulamos "PENSAMENTOS" Está feito con materiais reciclados xa que non pode ser douta maneira, dado que entra dentro do proxecto que estamos a levar a cabo este curso: "ENERXÍAS SOSTIBLES". O material que utilizamos foi papel reciclado por eles mesmos no obradoiro de "AULA VERDE". Como soporte de cada páxina, usamos follas de revistas e aproveitando a frase que viña escrita como encabezamento de cada unha destas, os alumnos foron dando as súas respostas, o que deu lugar ao libro. As tapas do libro son recicladas a partir dunha carpeta xa retirada de servicio, pero que nos serviu para a ocasión. E para rematar, as pastas atámolas ás follas cuns fíos de rafia. Esperamos que aos alumnos ingles

NOVA VERSIÓN ANIMADA DO PRINCIPIÑO

'O Principino' chegou por fin á televisión ,   despois de 68 anos nos que a historia de   Antoine De Saint-Exupéry   apenas saliu das páxinas do libro. Disney Channel no mes de outubro do ano pasado trouxo a España a serie animada para televisión. Existen outras versións anteriores en vídeo tanto en animacións como en película que deixamoso aquí.Tamén incluense enlaces a actividades educativas e a obra en distintos formatos que poden ser descargados. Versión online do "Principiño":   www.agirregabiria.net   Aquí   también podes atopar unha biografía de   Antoine de Saint-Exupéry. U.D. "O Principiño" do Blog EL Tinglado de Javier Escajedo   actividades educativas variadas en torno á obra "O principiño". Nela podes atopar unha   versión anterior animada en vídeo (tamén a podes atopar en youtube)  , audio e texto que non coinciden plenamente, hai pequenas variacións pero o espíritu da obra mantense íntegro en todos os casos. [Actividade d

LIJ: El increible niño come libros

Curtometraxe baseado no libro homónimo do escritor Oliver Jeffers. O tema: un neno que sente unha debilidade particular polos los libros, a cal o leva... 

PREMIO ÁLBUM ILUSTRADO

de   Carmen Fernández Etreros Elena Hormiga , co seu proxecto   El hombre que quiso conocer a la luna , resultado gañadora do I Premio Internacional de Álbum Ilustrado  organizado polo  Grupo Edelvives e dotado con 12.000 €. Trece fueron os proxectos seleccionados como finalistas. Tralo seu análise, o xurado, decidiu por maioría, otorgar o premio ao proxecto titulado   El hombre que quiso conocer a la luna . Así mesmo, o xurado decidiu otorgar dúas Mencións especiais a  La pastora y el sapo , co texto de Javier Ignacio Arnal Gil e ilustración de Julio Antonio Blasco López ea  La verdadera historia de Caperucita Roja , de Mar Ferrero Barrio.

TIRALLE DA LINGUA: CONTACONTOS COIDANDO A TERRA

Unha vez realizado o I  Concurso de CONTACONTOS, foi seleccionado o conto "Coidando a Terra " creado polo alumnado de 3º de EP para participar no concurso de" Tiralle da lingua" .