Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2013

CARTAS COTIÁS: MARES E COSTAS EN BOAS MANS

Despois de estudar os diferentes tipos de cartas, os alumnos/as de 2º ESO decantáronse por facer o traballo coas cartas de solicitude. O tema das súas cartas por suposto ten que ver co noso proxecto deste curso   Mares e costas en boas mans. É bo, de cando en vez, reflexionar sobre todo aquilo que empeora a vida das nosas augas mariñas e propoñer medidas coas que poder mellorar unha situación da que os únicos responsables somos nós.

HORA DE LER e VIOLENCIA DE XÉNERO: Visualización de Vídeoclips e lecturas primaria

Os días 21, 22 e 51 de novembro os alumnos do 3º ciclo visualizaron videoclips sobre a violencia de xénero.   VÍDEOS   25-N. Selección de Videoclips (1) 25-N. Selección de Videoclips (2) 25-N. Selección de Videoclips (3) 25-N. Selección de Videoclips (4) "Cero dieciséis" e compartiron leturas sobre esta temática na biblioteca, posteriormente fixemos un debate sobre as súas impresións, sentimentos....etc que lle produciron ambas sesións. O luns 25 despois destas reflexións escribiron frases en lazos de papel color laranxa  e cubriron con eles a silueta dunha muller, o resultado podedes velo a continuación  CONSTRUÍNDO O MURAL O mural o titularon; "SAE ADIANTE"

II CAMPAÑA SOLIDARIA: OPERACIÓN QUILO II

Estimadas familias: Ao igual que o curso pasado, ao chegar as datas do Nadal de novo, realizamos no colexio a campaña de recollida de alimentos que entregamos ao Banco de alimentos do Concello para que o fagan chegar ás familias que máis o necesiten. Tratamos con iso de fomentar no alumnado os valores de cooperación, solidariedade e de axuda, máis necesarios que nunca nestes tempos nos que a CRISE afecta xa a moitas familias. A campaña leva por título "Operación Quilo II” e pretendemos que entre todas as persoas que integramos a comunidade educativa do   colexio sexamos capaces de reunir polo menos un quilo por familia. Por esta razón propoñemos que ao longo destas semanas próximas, entre o 25 de Novembro e o 12 de decembro, cada familia que o desexe colabore con 1 quilo, litro, bolsa,… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, azucre, latas, leite...). Para animar a campaña, na entrada do colexio preparamos unhas pesas, onde se reflect

25 de NOVEMBRO: O ALUMNADO DO CPI EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

  Gracias a actividade proposta ao alumando de PDC puidemos desfrutar duns sketch elaborados por estes alumnos/as, no salón de actos. Fixerono moi ben e dende aquí queremos darlle as grazas polo seu esforzo para que os compañeiros e compañeiras da ESO se acercaran un pouco mais á loita en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO que se celebrou o pasado 25 de novembro.  VIOLENCIA DE XÉNERO 13-14 - presentacion imagenes

II CONCURSO ÁRBORES NADAL ECOLÓXICOS

Ao igual que en cursos anteriores e dentro do noso proxecto medio-ambiental, "MARES E COSTAS EN BOAS MANS" convocamos un ano mais o CONCURSO DE ÁRBORES DE NADAL ECOLÓXICOS". Xa podedes poñer a traballar a vosa imaxinación........sabemos que o faredes moi ben . II CONCURSO ÁRBORES DE NADAL ECOLÓXICOS Publish at Calameo or read more publications .

CONCURSO AUTORRETRATO DO MAR

Baixo o título "Autorretrato do mar" , os alumnos de 3º e 4º de ESO deberanse enfrontar ao uso de materiais de refugallo na súa obra plástica. O título do exercicio xustifícase no feito de que eses materiais deberán proceder dos restos de lixo que a marea deposita nas praias, para realizar unha mariña ou paisaxe na que o mar teña un papel principal. Este traballo realizarase por parellas, agás no caso de 4º que polo seu reducido número (cinco alumnos) realizarán un único traballo entre todos pero de gran formato. Coa obra obtida realizarase, dentro das posibilidades, unha exposición no Centro, que dea a coñecer este aspecto da arte, que aos alumnos tanto lles custa asimilar. CONCURSO MAREARTE Publish at Calameo or read more publications .

CONTOS PARA EXPLICAR O AUTISMO

Estas publicacións van dirixidsa a todos os nenos/as aos que se pretenda educar na aceptación da diversidade e non só aos que teñen un irmán con autismo. Aos pais que non saben que explicación deben dar aos seus fillos cando chega á familia un neno con TEA e aos mestres/as que non saben como enfrontarse ás preguntas que formulan os seus alumnos cando hai un neno con autismo na aula. A tal dificultade engádese moitas veces o descoñecemento dunha alteración que ata entón estivo allea nas súas vidas. Cuidando a  Louis de Lesley Ely  e  Polly Dumbar  para nenos de 3 a 5 anos. Pica na imaxe para descargar o conto Mi hermano tiene autismo de  Ana González Navarro  e Victoria  Labat Gronchi . Co mesmo título, temos dous contos adaptados a dúas franxas de idades  diferentes , un para 4 -5 anos e o outro para 6 -7 anos e ademais inclúe unha serie de pautas orientativas que nos permite optimizar o contido do conto. Pica na imaxe para descargar o conto Pica n

PRIMEIRA REUNIÓN BIBLIOTECAS DO VAL MIÑOR

O día 17 de outubro,   reunímonos os equipos das bibliotecas dos centros educativos do “Val Miñor” no C.P.I. de Panxón. Nesta primeira reunión concretamos as datas e bibliotecas onde celebraremos as vindeiras xuntanzas e as tarxetas de Nadal con recomendacións lectoras que realizaremos conxuntamente. Rematamos compartindo a lectura do libro “PADRES BRILLANTES, MAESTROS FASCINANTES”. Moitas Grazas pola vosa colaboración!!!!! REUNIÓN BIBLIOTECA - foto montaje Participantes: ·        CEIP Alfonso Castelao. Patricia Rodríguez Hermelo. ·        CEE. de Panxón. Ester Casales González. ·        CEP Xosé Neira Vilas. Mónica Sánchez de Toca Triviño. Mª del Carmen Alonso Casellas. ·        CRA Antía Cal. Gladys García Fernández. ·        CEP Sabarís. Moly Rodal Almuiña. ·        CEIP Serra Vincios. Irene Miñambres Justo. ·        CEIP Chano Piñeiro.   Dolores Portabales   ·        CEIP Humberto Juanes. Auri   Fontán Loureiro. Marian Perei