Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria . Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas). Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

DÍA DA PAZ.........SOSTIBLE

A raíz de moitas das guerras e conflitos que suceden no mundo está nos recursos naturais: diamantes, ouro, petróleo, auga, madeira… Tratar de resolver os temas de propiedade, control e xestión destes é fundamental para manter a seguridade e restaurar a economía dos países que saen dun conflito. Conseguir que se xestionen ben e con xustiza estes recursos é garantía de paz no futuro. Por iso dende o colexio este ano queremos que neste Día Internacional da PAZ deteñámonos a pensar que podemos facer cada un de nós, países e persoas por respetar a xusta xestión e distribución de recursos naturais.  Presentámosvos o noso primeiro mural e a programación de actividades de dinamización que se levarán a cabo nese día e ao longo desa semana. Open publication - Free publishing - More informative

MANUAL DE LECTURA COMPARTIDA DE 0 A 7 AÑOS

Este manual distingue entre ler a …, ler con …. e realizar unha lectura compartida cos nenos e nenas menores de sete anos. Bernardita Muñoz e Andrés Anwandter, seus autores ofrecennos aos adultos (pais, nais e docentes) un Manual práctico e amigable para fomentar a lectura temperá compartida de libros cos nenos pequenos.

EU SON LEEDER

O Ministerio de Cultura  publicou o portal Yo soy leeder , para a promoción da lectura. É unha web moi atractiva para os xóvenes que inclue un manifesto que define quén é Leeder, cómo pensa, o que lle move, que obten do que le e que lle aportan as súas lecturas.No portal ofertanse enlaces a blogs sobre lectura , recursos, bibliotecas virtuais, portais, descargas , un buscador , enlaces e un xogo .

A TODA MÁQUINA

Así vai a preparación do XIV Salón do Libro de Pontevedra con ese título que acolle todo o que podemos considerar máquina e non ten que quedar unicamente nesa definición que se recolle na páxina de inicio " invento humano que reduce o esforzo necesario para realizar un traballo".

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar un calendario para este ano 2013 onde aparecen as datas máis considerables para celebrar ao longo do ano 2013. Nel terán lugar diversos aniversarios significativos para a literatura galega e conmemoracións habituais arredor do libro e da lectura. Un fermoso cartel que nos acompañará durante este ano que comeza!!    

FELIZ 2013

A PEGA RABILONGA DESEXÁVOS UN FELIZ ANINOVO CHEO DE BOAS LECTURAS .