Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2014

UN MAR DE PLASTILINA

Na materia de Educación Plástica seguimos a traballar no proxecto "Nós somos Mar" e non podíamos olvidar o Día do pai, por iso fixemos con plastilina un fermoso traballo para desfrutar deste proxecto coas nosas familias.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O venres 28 de febrero, os alumnos e alumnas de Educación Primaria do noso centro participaron na actividade “Ponlle as pilas ao teu bocata” , dentro do PLAN PROXECTA, no ALIMENTA-T BEN. O obradoiro consistiu nunha charla informativa sobre os valores nutritivos das conservas e productos do mar, xogos e elaboración de bocatas con conservas e vexetais: atún, leituga, sardiñas, cenorias, mexillóns,... Está patrocinado pola Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca. Ponlle as pilas ao teu bocata - Video Maker

PON OS REFUGALLOS A FLOTAR

Mostrámosvos os resultados do noso I Concurso "Pon os Refugallos a flotar" como podedes ver a imaxinación do noso alumnado no ten límites e a participación foi moi numerosa. Agora só queda facer a proba de flotabilidade e coñecer aos premiados. Estade atentos as datas da proba de flotabilidade.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA: AS MAREANTES

AS MAREANTES NO CPI DE PANXÓN  O día 8 de marzo tivemos a sorte de poder contar no noso centro con nais de alumnos/as que traballan como mareantes, elas explicaronnos en que consiste os seu traballos. Así Carmen Chamorro (Redeira) explicounos que ela traballa facendo e reparando redes do cerco, poidemos coñecer como as fai, o dificil que está sendo o camiño para que este traballo vease recoñecido e falounos dos que traballan ilegalmente o que fai que o seu traballo sexa menos pagado, tamén ensinounos a cargar as agullas de coser as redes, e presentounos os materiais con que traballan e como están diversificando o seu traballo cara a artesanía.  Celeste González é mariscadora e leva dende os 16 anos traballando no mar, antes faciao na praia e era mais doado, pero coa contaminación e a aparición dunhas algas que antes non existian nesta zona agora non se pode mariscar nas praias e teñen que ir a FOz; tamén poidemos ver o rastro con que traballa e comprendimos o esforzo que teñen que

CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES

O cine levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Educación 3.0 recompilou cinco curtametraxes pensadas non só para traballar en clase, senón tamén na casa para educar en valores ao alumnado e que reflexione sobre diferentes temas como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo... 1.   Cuerdas : O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que se recoñeceu recentemente co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados. 2.   El vendedor de humo : Este curto animado formula diferentes cuestións arredor das cales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, como en ocasións lle damos demasiada importancia ás aparencias.. . 3.   El hombre orquesta :  A factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia d

LA VOZ DE PANXÓN

Febreiro trouxo, múltiples noticias que tiñan como denominador común o mar. Déixovos con todas aquelas que os vosos compañeiros/as recolleron durante todo este mes.