Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

FALO PORQUE QUERO: NENOS ROBADOS

Sandra González- Besada redactou un FALO PORQUE QUERO ,  decidiu falar sobre un drama que durante dúas décadas tivo lugar en España e que é hoxe cando empezamos a saber sobre el. Seguro que a súa lectura farávos pensar.  

FALO PORQUE QUERO

Dende fai tempo observamos, sobre todo, dende que a crise rodea as nosas vidas, é maior a necesidade que temos de dar renda solta ás nosas consideracións, veredictos e xuízos. A partir deste momento queda á vosa disposición un novo apartado ao que imos chamar "Falo porque quero". Nel poderedes, sen ningún tipo de censura, expoñer, advertir, considerar, valorar, propoñer.... Anímate e opina de forma anónima ou revelando a túa identidade. Tal práctica fará de ti un ser crítico, algo que redundará no teu crecemento persoal. Hoxe inauguraremos a nosa sección cun debutante que dende terras neerlandesas dá o seu parecer sobre como deberían ser as bibliotecas.

NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

En recoñecemento ao traballo que o CPI de Panxón ven realizando co proxecto “NÓS SOMOS MAR" ,  o alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro foi convidado a participar na actividade “NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA”. A actividade organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), contando coa colaboración da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, realizouse o día 18 de decembro. O obxectivo da actividade era coñecer  as embarcacións  tradicionais de Galicia e  as artes de pesca que empregaban algunhas delas. Tamén se pretendía que tomaramos conciencia sobre a necesidade de conservar estas embarcacións que, unha vez rematada a súa vida laboral, son reconvertidas para usos culturais, deportivos e de lecer, evitando así a perda destas embarcacións que forman parte do noso patrimonio marítimo. A actividade tivo un pequeno adianto  o día 17 de decembro no propio colexio, onde o alumnado de 5º e 6º xa r

CARTACES DAÑINOS

Os alumnos/as da ESO adicaronse a buscar incorreccións ortográficas polo noso pobo e iste é o resultado. Parece que as tildes seguen sen ser consideradas signos necesarios. Todo o traballo que fixeron está ben pero hai dous erros que non localizaron, saberíades dicir cales?

INSTRUCIÓNS PARA O NOSO HORTO

Aquí tedes unha publicación onde aparecen todas as instrucións redactadas sobre coidados para o horto e novas plantacións realizadas polos alumnos de 2º ESO. Un xeito de colaborar dende o Departamento de Lingua no proxecto deste curso a través dun tipo de texto novo: as instrucións.

O CONDE ANTONIO E O SEU CRIADO PATRONIO

Os alumnos de 3º estudaron a prosa didáctica coñecida en lingua castelá durante a  EM . Unha das obras vistas foi O  Conde Lucanor , unha recompilación de 51 contos onde un conde se dirixe ao seu criado  Patronio  para pedirlle consello sobre como gobernar mellor a súa facenda. O criado responde mediante historias relacionadas e o conde  Lucanor  logra unha aprendizaxe que se resume a xeito de sentenza. Os vosos compañeiros inventaron outros contos que tamén poderían engadirse a esta obra de Don  Juan Manuel , só que fixeron algunha modificacións que moito teñen que ver co proxecto anual. O conde do seu libro pasa a chamarse  Antonio  como así se chama un dos grandes indutores deste proxecto. De novo Lingua e " Da  horta   ao   prato"  volven encontrarse e os consellos dos alumnos de 3º axudarán a mellorar o goberno de hortos, campos e propiedades agrarias.

19 de DECEMBRO ACTO DE ENTREGA DA BANDEIRA VERDE

O pasado 19 de decembro, o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde   Pérez , acompañado pola concelleira de Educación,  Carmen Alonso-Macías , o xefe territorial, Cesar A. Pérez Ares, o Inspector de educación, Fernando carrasco e o Coordinador do Programa Ecoescolas en Galicia ( ADEAC ),   José Manuel Fernández , presidiron o acto de entrega da Bandeira Verde á comunidade educativa do noso centro, CPI de Panxón. O   Programa Ecoescolas   é unha campaña a nivel internacional que pretende introducir e/ou potenciar a educación ambiental para o desenvolvemento sostible e a xestión e certificación ambiental en centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Trátase dunha iniciativa que implica a toda a comunidade educativa do centro escolar que decide desenvolvelo, así como ás autoridades municipais, xa que se require a súa implicación para que as ideas que se pretenden realizar nos colexios poidan ser levadas á práctica. Para conseguir a Bandeira Verde... 1.     For

OBRADOIRO BOMBAS DE SEMENTES

O obradoiro consistiu en dúas fases:  Na primeira xornada falamos das bombas de sementes: de qué están compostas, a súas utilidades e beneficios.  A continuación os nenos/as fabricaron varias bombas de sementes segundo as indicacións que deixaron a secar para a súa utilización nunha segunda xornada. 2. A segunda xornada (a principios de primavera) e coa ocasión d ecelebrar o día da terra, fixemos un conta contos e espallamos as bombas polo xardín do colexio. De forma ordenada e á orde... lanzaron s bombas de sementes!!! Bombardeamos o chan ata enchelo de explosións verdes. A sementes usadas foron todas autóctonas FACENDO AS BOMBAS BOMBAS FEITAS PINTÁMONOS COMO GUERREIROS LANZAMOS AS BOMBAS

OBRADOIRO PLANTAS MEDICIÑAIS

O OBXEctivo do obradoiro foi: Que os nenos/as aprendan que as plantas aromáticas tamen son plantas  mediciñais. Cómo poden usalas na vida diaria como botiquín de urxencias: para golpes, moretons, dores, picaduras, sequedade na pel, etc. Os nenos trouxeron plantas da casa: as estudamos e usamos para elaborar algún pequeno remedio: aceite ou tónico. Cada neno levou para a súa casa unha mostra Material empregado:  Plantas medicinais / aromáticas  Alcohol de 96º (25 ml/neno)  Aceites: xirasol (25 ml/neno)  Pequeño dosificador plástico por neno.  Grupos de 25 nenos

OBRADOIRO DE KOKEDAMAS

A Kokedama é unha técnica xaponesa é con ela se consiguen plantas ornamentais, mediante unha bola de musgo. Cada rapaz fixo a súa propia kokedama, utilizaron turba e sustrato especial para bonsai, realizaron un oco para facer sitio á planta, cunha corda rodearon a bola e atárona, conseguindo que o soporte foxe mais estable, por último cubriron a bola con musgo.

OBRADOIRO: APRENDENDO A TRABALLAR O MIMBRE

Os alumnos maiores aprenderon a traballar co mimbre e fixeron lapiceiros.