Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2015

ALIMENTACIÓN QUE SABE

GUÍA DE VERÁN 14-15

Finaliza o curso e agora comezan unhas máis que merecidas vacacións, pero antes de rematar non esquezades pasar pola biblioteca a coñecer os libros que vos suxerimos nesta GUÍA DE VERÁN.  O Equipo de Biblioteca vos desexa unhas magníficas vacacións acompañados sempre dun libro¡¡¡¡¡¡¡ Guia De Verán Blog Leer más publicaciones en Calaméo

FINAL DE PROXECTO: PREMIO Á MELLOR EXPOSICIÓN VOZ NATURA 2015

O Proxecto deste curso "DA HORTA AO PRATO" non poido rematar mellor, con el conseguimos o premio á mellor exposición VOZ NATURA 14-15. Queremos dar as gracias a toda a Comunidade educativa pola súa colaboración no desenvolvemento deste proxecto, xa que sen eles non o poderíamos levar a cabo, de maneira especial damos grazas aos alumnos/as polo magnifico traballo e implicación no proxecto o cal permitiu levar a cabo un gran número de documentos de elaboración propia que todos a partir deste luns poderedes ver expostos na biblioteca. GRACIAS E ENHORABOA¡¡¡¡¡¡¡¡ FESTA VOZ NATURA 2015 - Kizoa Movie Maker

OS NOVOS CONCHEIROS 15-16: Transición Infantil-Primaria

Hoxe 5 de xuño recibimos a visita dos futuros Concheiros , que son os alumnos/as de 5 anos na EEI As Dunas. Viñeron coa súa profe Isa e a Directora Raquel. Estaban inquedos e nerviosos xa que por primeira vez visitaban o que será o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º traballaron moitísimo para decorar a clase, colocaron as fotos dos pequenos no gran mural que identifica a súa clase e fixeron debuxos cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Salón de actos e os pequenos agasallaron a Teresa , futura profe cun ramos de flores e un album no que cada un deles se presentaban, fixeron unhas dinámica de grupos para coñecerse dirixidos por Sergio Goce, alumno de 3º de ESO. Logo de facer a presentación e coñecernos un pouco mellor fomos a ensinarlles o pavillón e alí estaba Victor profesor de Educación Física para facer uns xogos  con todos nos. No recreo desfrutaron co alumnado do primeiro ciclo, moitos deles foran xa compañeiros/as deles na Escol