Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

OBRADOIRO VIOLENCIA DE XÉNERO NA MOCIDADE

Comezamos cos obradoiros co alumnado sobre a violencia de xénero co alumnado de 4º de ESO, estes obradoiros estan contextualizados na campaña de prevención da violencia de xénero dirixida a poboación adolescente e xoven que organiza o Concello de Nigrán a traves do CIM. Os contidos a desenvolver son os seguintes O concepto de amor A violencia contra as mulleres: análise das distintas manifestacións da violencia A violencia na parella e os mecanismos que a sustentan A incidencia da violencia de xénero na mocidade: Especial referencia as redes sociais Serán impartidos ao longo de catro sesións cuxas datas son: 19 de outubro de 12:50 a 13:40 24 de outubro de 12:50 a 13:40 3 de novembro de 13:40 a 14:30 8 de novembro de 9:50 a 10:40

MELLORANDO A COMPETENCIA LINGUISTICA:NORMAS CADERNOS

Desde 2011 estamos a impulsar diferentes iniciativas, de maneira transversal desde todas as áreas, para que o noso alumnado mellore as súas competencias de Comunicación Lingüística. Entre outras moitas cuestións, o noso obxectivo é que todo o alumnado do centro siga unhas normas básicas para ter os seus cadernos mellor presentados, con maior orde e limpeza e cunha adecuada expresión escrita.  A experiencia foi bastante positiva e, para reforzar a idea organizamos unha exposición e concurso de cadernos a final de curso, os mellores foron premiados. Durante este curso imos aplicar tamén o modelo elaborado en anos anteriores e que nos vai a servir de exemplo, con pequenas variacións que indicarán os profesores/as, na presentación dos cadernos das distintas materias. Con iso tratamos de evitar as deficiencias formais e mellorar tamén a expresión escrita e a ortografía. A continuación presentamos o modelo que seguimos.

GUÍA LECTURAS TERRORÍFICAS

 Dende o venres 15, podes atopar no expositor de lecturas e novidades da pranta baixa os mellores libros de terror da nosa biblioteca. Durante esta semana, ademais, repartiranse polas clases o boletín que ves aquí máis abaixo coa selección de lecturas, pasa pola biblioteca e colle o que mais te guste.

VISITA A BAIONA

O 14 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de primaria saíron a Baiona. Esta actividade forma parte do programa "O Sabor da aventura está no Mar". A visita comezou no porto, cun percorrido para ver os diferentes tipos de embarcacións e as artes de pesca empregadas polos mariñeiros como as nasas e as redes de enmalle. Nesta ocasión no porto de Baiona había unha carabela portuguesa, a "Boa Esperança" que os nenos e nenas puideron visitar. Na lonxa tiveron a oportunidade de ver a selección do percebe, aprenderon como é a venda do peixe e o marisco e ata simularon unha poxa. Na Casa de Navegación coñeceron todo sobre Cristóbal Colón e a súa aventura. Durante a visita á praza de abastos visualizaron a variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do consumidor, a etiqueta dos produtos e os aspectos que determinan a súa frescura. Ademais, permitiu coñecer as características do comercio minorista de Baiona e a actividade dunha praza d

III CERTAME RELATOS DE TERROR

Un ano mais o equipo de Biblioteca organiza o III Certame de "Relatos de terror" , coas seguintes bases: TEMA: A temática estará relacionada co terror, medo ou suspense. CATEGORÍAS: Se establecen catro categorías: • Categoría A: Alumnos/as de 1º e 2º da  ESO. • Categoría B: Alumnos/as de3º e 4º da ESO. • Categoría C: Alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º, de Primaria. • Categoría D: Alumnos/as de 5º e 6º de Primaria. PARTICIPACIÓN: todos os alumnos/as do centro. PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS As obras dos participantes entregaranse ao titor en primaria e a profesoara de Lingua Castelá en Secundaria. O prazo de recepción dos orixinais concluirá o día 28 de novembro de 2016 .  O Fallo do Xurado darase a coñecer o día 9 de novembro coincidindo coa celebración do magosto, a través do blogue da Biblioteca e nun pequeno acto que se levará a cabo na Biblioteca onde se lerán os relatos gañadores e entregaranse os premios. Os traballos premiados serán

COMO FACER BOS LECTORES

Os seguintes documentos foron elaborados conxuntamente co DO, co obxectivo de que en cada un dos cursos de primaria foran traballados coas familias na primeira reunión con estas. Open publication - Free publishing - More inormative Open publication - Free publishing - More informative Open publication - Free publishing - More informative Open publication - Free publishing - More famiy

FORMACIÓN DE USUARIOS: O GRÚFALO

Nas sesións de Formación de Usuarios os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria escoitaron e veron o álbum ilustrado O Grúfalo que proxectamos na pantalla dixital da biblioteca. O Grúfalo de Julia Donaldson coas ilustracións de Axel Scheffler é unha fábula sobre o poder da imaxinación e tamén do medo.

FORMACIÓN DE USUARIOS: "MERGULLANDO NA BIBLIOTECA"

Ao longo do primeiro trimestre do curso 2016-2017 a Biblioteca desenvolveu sesións formativas, de carácter especializado, orientadas especialmente ao uso das distintas fontes de información, o funcionamento, as normas, as partes dun libro, a CDU,…nestas sesións pretendemos os seguintes obxectivos: · Coñecer e seguir as pautas de comportamento na biblioteca e as súas normas de funcionamento. · Identificar os distintos tipos de documentos e entender a diferenza entre libros de ficción e libros de coñecemento. · Descubrir o espazo da biblioteca. · Coñecer os servizos que ofrece a biblioteca e os aspectos fundamentais da súa organización. · Facilitar o acceso aos documentos. · Coñecer o sistema de clasificación de libros e materiais audiovisuais, orientarse na biblioteca coa axuda dos rótulos de sinalización e aprender a utilizar o catálogo. · Coñecer

FORMACIÓN DE USUARIOS: VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA

Organizamos visitas para dar a coñecer o funcionamento da biblioteca, os seus fondos e os servizos de que dispón. Nestas visitas entregamos aos alumnos e alumnas de primaria as súas carpetas de biblioteca e a " Guía de usuarios".