domingo, 16 de octubre de 2016

VISITA A BAIONA

O 14 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de primaria saíron a Baiona. Esta actividade forma parte do programa "O Sabor da aventura está no Mar". A visita comezou no porto, cun percorrido para ver os diferentes tipos de embarcacións e as artes de pesca empregadas polos mariñeiros como as nasas e as redes de enmalle. Nesta ocasión no porto de Baiona había unha carabela portuguesa, a "Boa Esperança" que os nenos e nenas puideron visitar. Na lonxa tiveron a oportunidade de ver a selección do percebe, aprenderon como é a venda do peixe e o marisco e ata simularon unha poxa. Na Casa de Navegación coñeceron todo sobre Cristóbal Colón e a súa aventura. Durante a visita á praza de abastos visualizaron a variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do consumidor, a etiqueta dos produtos e os aspectos que determinan a súa frescura. Ademais, permitiu coñecer as características do comercio minorista de Baiona e a actividade dunha praza de abastos.

Na última parte da visita, coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, tivo lugar a degustación dunha merenda, a base de produtos de terra e mar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario