Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2017

PRIMAVEIRA DE POEMAS

Durante o mes de marzo a Hora de Ler adicámola a lectura de poemas, cada clase tiña una cesta lectora con libros de poesía. No corredor principal do colexio, fixemos unha pequena exposición de libros de poesía e colocamos unha caixa con fichas e follas para que os nenos/as que quixeran escriban unha pequena estrofa de dous, tres, ou catro versos dalgún poeta coñecido. A continuación podedes ver a reccopilación que fixemos nos diferentes cursos de primaria.   Ao rematar o mes fixemos unha pequena maratón de poesía. As clases participaron lendo ou recitando as poesías escollidas aos mais pequenos.

PRIMAVERA DAS LETRAS: CARLOS CASARES

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras , a web contén recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano. Carlos Casares , é este ano o escritor  homenaxeado no Día das Letras Galegas.  Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos. A web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada. Fonte: RAG

GLORIA FUERTES 1º ESO

Este ano celébrase o centenario desta escritora española e, por iso, irémola presentando aos poucos porque amodo é como mellor poderemos coñecela. Escollímos o mes de marzo porque este mes imos a adicalo á Poesía. Gloria Fortes foi a menor de nove irmáns, de carácter moi alegre e con moitas ganas de escribir xa de nena. A Guerra Civil cambia a súa vida e as mortes que rodearon a súa vida e as súas experiencias desenvolven o seu carácter . En 1939 inicia a súa carreira de escritora, compartíndoa coa de editora, fundadora da revísta Porteiro e promotora de faladoiros sobre a poesía. Son moitos os premios que o seu traballo avala: Primeiro Premio de "Letras para cancións", Primeira Mención do concurso internacional de Poesía Lírica Hispana, con todo asusta, Premio Acento co libro inédito en pé de Paz, Premio Guipúzcoa con Nin tiro, nin veneno, nin navalla, Diploma de Honra no premio Andersen Internacional de Literatura Infantil, con Canguro para todos.... Con motivo desta

EXPOSICIÓN DE LIBROS GLORIA FUERTES

Xa terminamos o mural de Gloria Fuertes e no expositor contades cunha  ampla mostra da obra desta autora. Animádevos a coñecela un pouquiño máis. Tamén podedes ollar a guía de libros con que contamos na biblioteca desta autora. Levade para casa e compartilos coa vosa familia.

XVIII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Arranca hoxe a XVIII edición do Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra baixo o título " O mundo que queremos " no Pazo da Cultura de Pontevedra.  A visita ás instalacións e a maioría das actividades do Salón para o público familiar é de balde. As exposicións e as instalacións estarán abertas ao público xeral ata o día 2 de abril de 2017.  Podes descargar o programa no seguinte enlace para saber mais:  Programa do XVIII Salón do Libro de Pontevedra.  O horario de visitas é:  De luns a venres : De 17:00 a 20 :00 h. Os sábados, domingos e festivos : De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h

BIOGRAFÍA GLORIA FUERTES

Autobiografía lida pola propia Gloria Fuertes.

CHARLA MULLER TRABALLADORA: A CASA DA FONTE.

Hoxe día da muller traballadora tivemos a sorte de contar coa experiencia como traballadora dunha ex-alumna, Thamar Martínez Rodríguez. Despois de deixar o noso centro, estudiou un Ciclo Formativo de Agraria e agora está traballando  na Casa da Fonte, A Fonte Nº1 Mañente (Pantón), esta é unha explotación gandeira comprometida co medio ambiente, os seus animais viven en liberdade e todos os seus productos, queixos, leite e iogures son totalmente ecolóxicos.  Para comprender o traballa na granxa, visualizamos un pequeno resumen do programa que lle adicaron a granxa no programa Labranza e Thamar acompañou este coas explicacións das funcións que el realiza e explicounos tamén o que desfruta con este traballo. Unha vez finalizada a charla toda a Comunidade educativa desfrutou dunha degustación dos queixos da Casa da Fonte. Moitísimas grazas Thamar.

"NIN UNHA MENOS¡¡¡"

Hoxe 8 de marzo a comunidade educativa do CPI de Panxón secundou o paro para recordar que seguemos sen ter os mesmos dereitos efectivos que os homes e pola violencia de xénero que cada ano acaba coa vida de miles de mulleres a mans de quen se supón que as quere. Que este acto nos leve ao fin da discriminación que históricamente sofren as mulleres a consecuencia do seu xénero .

XORNAL MENSUAL : Nº 6-MARZO 2017

Xa temos na biblioteca o número 6 do xornal escolar mensual "O PAPAGAIO" de Edicións MOITO CONTO. Neste último número trátanse temas como: As Nucleares, Os problemas do lixo electrónico e a absolescencia programada, a historia do Monopatín, a orixe da pataca........ e como sempre xogos, cine " A chegada" e diversas actividades que vos encantaran. Non os esquezades, ide a biblioteca e lelo cos voso amigos/as.

ESPAZO LECTURA MARZO 2017

EXPOSICIÓN E GUÍA DE LECTURAS MULLER TRABALLADORA

A TÍ MULLER: Guía de lecturas sobre a conmemoración da Muller Traballadora. No expositor do corredor xa están expostoes. podedes cubrir a ficha de empréstito e desfrutar coa súa lectura.