Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

DEBERES DE NADAL

Chega o Nadal a mellor época para desfrutar, xogar, aprender, soñar.....e dende o Equipo de biblioteca queremos compartir con vos unha lista de deberes moi especial. Animámosvos a intentar facer alguns deles ou todos se é posible.

UN NADAL DE CINE

Rematamos o trimestre cun Nadal de cine, fixemos os carteis para anunciar as películas, os tickects, fichas detraballo para despois da película e non nos esquecimos de facer palomitas, que os nenos o día da sesión recolleron no carro que nos fixeron os alumnos de 4º na materia de Tecnoloxía. Repartimos os Tickets polas clases e os mais pequenos tiveron que gañarse as súas estrelas para asistir ao Cine, co seu raballo e bo comportamento.   COMEZAMOS A SESIÓN

II CERTAME DE CARTAS AO APALPADOR

Un ano mais o Apalpador chegará as casas dos nenos/as do CPI de Panxón , pero antes de apalpar as súas barrigas veo polo colexio a apalpar os seus miolos.  Os alumnos/as de toda a etapa de primaria escribiron cartas contándolle os seus mellores desexos para este nadal e as deixaron no buzón que colocamos na pranta baixa.   VOTANDO AS CARTAS AO APALPADOR SELECCIÓN DE CARTAS AO APALPADOR

VI OPERACIÓN QUILO: ALIMENTOS POR LIBROS

"Un ano mais con motivo das festas de Nadal, realizamos a campaña de recollida de alimentos. Este curso como por segunda vez propuxemos que ao longo das semanas, entre o 25 de novembro e o 19 de decembro, cada familia que o desexe colaborase con algún quilo, litro, bolsa… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, …) a cambio de libros procedentes do expurgo e un marcapáxinas. Conseguimos mais de 400 QUILOS de solidariedade”

XOGOS COOPERATIVOS

Co obxecto de mellorar a convivencia na semana de conmemoración en contra da violencia de xénero, dende a biblioteca levaronse a cabo xogos cooperativos na etapa de primaria.