Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

FOTONOVELA: AMIGOS SIEMPRE

Una nueva historia es narrada por Pedro Groba :Amigos siempre. Imágenes y texto se unen para que unos personajes muy peculiares la protagonicen. Amigos siempre

RECOMENDACIÓN LECTORAS ROSALIA DE CASTRO

CADA NENO UN VERSO: DÍA DE ROSALIA 2018

 DÍA DE ROSALÍA AELG A semán do 18 ao 23 de febreiro adicámola a facer un repaso da figura literaria da Autora: - Exposición de libros e recomendacións lectoras Rosalianas -  Os alumnos/as das dúas etapas  transcribiron  versos soltos ou poemas completos e deronlle luz nas fiestras do centro. - O día 23 demos  lectura ao manifesto "Abride a Fiestra" da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que este ano foi realizado por María Reimóndez. - Despois da lectura do manifesto, recitado dos  versos e poemas transcritos polo alumnado. - Kamishibai "Rosalia de Castro ", alumnas de 3º primaria fixeron a presentación de Rosalía ao alumnado de 1º e 2º.Zoe Blas Bulzacca e Inés foron as encargadas do kamishibai así como dun maravillos recitado das poesías de Rosalíanas. O libro que adptamos ao kamishibai foi "Rosalía" da Fundación Rosalía de Castro. - Ao remate das actividades entrega de tarxetas con poemas rosalianos par

PAREDES LITERARIAS CON POEMAS DE AMOR

Os axudantes de biblioteca e os "asiduos colaboradores traballaron durante as últimas tardes para que un ano mais pudesemos  gozar con poemas seleccionados por eles mesmos e que versan sobre o amor.  Este POEMAS e adornarán as nosas paredes literarias.

PHOTOCALL DÍA AMIZADE

Un ano mais os axudantes de biblioteca montaron o photocall da amizade e do amor, nas imaxes podedes ver aos alumnos/as de 1º de primaria posando nel.

O CORREO DA AMIZADE:

Un ano máis, coincidindo co día de San Valentín, celebramos no cole o día da amizade. Como en anos anteriores centos de cartas e ilusións percorreron as clases, corredores e corazóns. O reparto foi posible grazas á colaboración dos nosos alumnos/as de biblioteca aos que queremos agradecer o seu esforzo e colaboración. Grazas a todos os que participastes nesta bonita actividade. Deixamos unha fotos para que poidades ver como foi esta actividade. Un saúdo a todos.

AMIZADE É..........

Os alumnos de primaria reflexionaron nestes días sobre os valores da amizade e o que se entende por ela, despois realizaron unha ficha na que tiveron que expresar por escrito que é amizade para eles, e facer un acróstico coa palabra AMOR. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria fixerono en inglés. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LER O AMOR E AMIZADE

Xa contando os días para desfrutar un ano mai do día do amor e amizade, aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para que entre amigos e familia reservedes un oco para a lectura. Dende o Equipo da Biblioteca, desexamos que pasedes un moi bo día de amor e amizade. Podedes solicitar as lecturas nos expositores colocados na planta baixa

PIONEIRAS: GALEGAS QUE ABRIRON CAMIÑO

Supuxo unha especial ledicia recibir este libro: Pioneiras. Galegas que abriron camiño que vén de publicar a editorial Xerais con textos de Anaír Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz. Un álbum para descubrir 12 mulleres que os libros de Historia agochan, unha vez máis, como adoita ocorrer porque esa historia está escrita polos homes. E aínda que o meu pensamento sexa "ogallá que en lugar de 12 falase de moitas máis!!!", temo que aínda así estas doce mulleres constitúan unha descuberta para moita xente. Así que benvida a publicación deste libro na nosa lingua e con protagonistas da nosa terra.  Falamos, pois, de doce biografías de mulleres pertencentes a diversas áreas profesionais como son o xornalismo, a medicina, a literatura, o fútbol, a música ou os avances científicos. Todas elas, claro está, desenvolven ese traballo nunha contorna opresora, hostil, contraria ao seu desenvolvemento profesional. De aí que se convirtan en modelos de esforzo e de valentía, porque s

LEMOS CON AMOR: decoramos a porta da biblioteca

O equipo de biblioteca ademais de montar os buzóns de cartas de amor, decorou un ano mais a porta de biblioteca co lema " LEMOS CON AMOR". A continuación podedes ver o ben que lles quedou. Damos as grazas as axudantas de biblioteca polo magnífico traballo que veñen realizando este curso.

FOTONOVELAS

As fotonovelas ou fotografías son narracións contadas a través de fotografías ás que se lle poden engadir breves textos. Seguro que non escoitaches falar delas antes, pero seguro que os vosos pais e avós si. Este ano pensamos que sería unha boa forma de que crear historias. Debedes para iso ter en conta os seguintes puntos: - Inventar unha historia na que a orixinalidade do argumento xa sexa un éxito. - Estruturar moi ben as partes da vosa narración, tentando que a formulación, o nó e o desenlace póidanse axustar a 10 fotografías aproximadamente. - Facer as fotos, adecuándoas ao que queirades contar en cada unha delas. - Engadir un breve texto a cada unha delas que sirva como fío condutor da vosa historia. Tedes liberdade total para que esta mostra de creatividade logre levarnos por unha narración ordenada e completa. Déixovos coa primeira realizada polos alumnos de 1º ESO B , para celebrar o día de San Valentín. NICO E PAULA

Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Un día internacional máis que xustificado. Co obxectivo de tentar facer visible o traballo das científicas e fomentar a vocación investigadora nas nenas a través da creación de roles femininos, cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, "Só un 7% das nenas vense como científicas no futuro. En España contamos con científicas de renome internacional, como son a bioquímica Margarita Salgas, a física-óptica Josefa Yzuel ou a bióloga molecular María Blasco.". Seguir lendo: AQUÍ . Son moitas as mulleres que fixeron aportacións á Ciencia. Non son personaxes que veñen nos libros de texto .

MURAIS DA PAZ 2018

Comezamos este traballo cun torbellino de ideas na hora de titoría. De aí partiu a idea de facer dous murais,un sobre a paz no mundo e outro que reflexara os países que actualmente atópanse inmersos en guerras.  Os pasos que seguimos foron:  1. Fase de documentación. Na aula de informática, previamente facilitámoslles páxinas para procura de información. Ese primeiro día elaboramos unha listaxe sobre os conflitos bélicos actuais no mundo.  2. Fase de preparación e elección do lugar onde iamos expoñer os murais.   3. Fase de elaboración:   Con axuda do canón e a pizarra proxectamos o planisferio político mudo e o calcamos en papel continuo branco e logo o mesmo en papel amarelo. A idea era facer dous mapas. Un representaría a paz e outro a guerra.  1. MAPA DE PAISES EN GUERRA   a)  A continuación coloreamos de cor vermella todos os países que previamente comprobamos que estaban en guerra. ( Con todo iso traballamos contidos de xeografía e historia tanto os alumnos de cuart

MANDADIÑOS DO MECO

Xa chega o!!! É por primeira vez o Meco a suxerencia da ANPA fai os seus mandadiños no noso centro. O Meco irá dando consignas ao longo da semana para informarnos de que maneira temos que vir ataviados cada día. LUNS: O meco manda traer algo na cabeza. MARTES: Manda traer algo no cuello MÉRCORES: O meco manda traer algo pintado na cara ou nas mans. XOVES: O meco manda traer todo o dos días anteriores VENRES: O meco manda traer o disfraz que corresponde a túa clase...e DESFRUTAR MOITO DA FESTA¡¡¡¡¡

CARREIRA SOLIDARIA 2018

Como cada curso celebramos o Día Escolar da Paz con diversas actividades de aula e a tradicional "Carreira Solidaria" ( este curso xa é a IX) na que, ademáis de correr, facer deporte, tammén axudamos a os máis necesitados, a través dos Servizos sociais do Concello. A continuación podedes ver unha fotos da actividade. En breve contaremosvos o diñeiro recaudado, que será entregado no concelos polos alumnos/as do centro.

PANXÓN NOBEL 2018

Como en anos anteriores finalizamos o acto do Día da Paz, entregando os PanxónNobel aos alumnos e alumnas gañadores. Por cuarto ano consecutivo cada clase de primaria tivo que propoñer a un compañeiro/a que merecera obter o PanxónNobel da Paz. O obxectivo foi que os nosos alumnos/as recoñeceran que a paz está nas nosas mans e que todos/as podemos contribuír cos nosos xestos e actitudes a que iso sexa posible. Os alumnos/as premiados/as co PanxónNobel da PAZ 2018 foron: · 1º de Educación Primaria: IRIA PUJOL BODELÓN · 2º de Educación Primaria: LÚA REY FRANCO · 3º de Educación Primaria:INÉS ROMÁN MARTÍNEZ · 4º de Educación Primaria:JUAN ARMANDO GENTIL GARCÍA · 5º de Educación Primaria: DANIEL PIÑEIRO FERNÁNDEZ · 6º de Educación Primaria:IAGO VILAS IGLESÍAS

ACTUACIÓN GRUPO DE FLAUTAS, DÍA DA PAZ

O grupo de flautas do colexio realizou unha actuación maxistral o día da PAZ para todos os colexios que participaron na nosa carreira Solidaria. Tocaron dúas canción "Imagine" de John Lennon e "We are the world" de "Michael Jackson. Enhoraboa ao grupo pola súa actuación.

FRASES POLA PAZ 1º PRIMARIA

 Os pequenos de primaria crearon frases pola paz, as que deron lecrura o día 30 no salón de actos para a toda a etapa.

RECITADO DE POESÍAS: DÍA DA PAZ 2º PRIMARIA

Os alumnos/as de 2º de primaria, realizaron na materia de lingua castelá unha selección de poesías sobre a PAZ que o día 30 de xaneiro foron recitadas por eles no acto da PAZ.

EU SON REFUXIADO 3º PRIMARIA

Os alumnos/as de 3º e 4º de primaria visualizaron os cortos CONTOS SEN FADAS (UNICEF). (A través de Ivine e Almofada, UNICEF conta as historias de tres nenos que vense obrigados a fuxir da súa terra), foron capaces de empatizar coa situación dos refuxiados e elaboraron textos poñendose no seu lugar. Os Textos foron lidos polo alumnado no acto da PAZ.

EU SON REFUXIADO 4º Primaria

Os alumnos/as de 3º e 4º de primaria visualizaron os cortos CONTOS SEN FADAS (UNICEF). (A través de Ivine e Almofada, UNICEF conta as historias de tres nenos que vense obrigados a fuxir da súa terra), foron capaces de empatizar coa situación dos refuxiados e elaboraron textos poñendose no seu lugar. Os Textos foron lidos polo alumnado no acto da PAZ.

MALALA; 5º PRIMARIA

Os alumnos/as de 5º de primaria levaron a cabo unha investigación sobre MALALA, fixeron catro murais que recollen os aspectos mais importantes da súa vida, unha vez rematados os expuseron no acto da PAZ.