Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

DÍA DE ROSALÍA 2019

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para o 24 de febreiro , fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora , esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor. Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG. así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións, centros de ensino. MANIFESTO DÍA DE ROSALÍA 2019 (Ana Romaní) 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA A PAZ: REFUXIADOS

X a tedes no corredor da planta de abaixo as lecturas para a PAZ, este ano cun recuncho especial sobre os REFUXIADOS. Tamén podedes desfrutar coas nosas recomendacións lectoras sobre esta temática.

RAP O APALPADOR

O alumnode 1º de ESO YEROUT FERNÁNDEZ PEREIRA e o alumno de 3º da ESO EDGAR RODRÍGUEZ SANROMÁN, escribiron e rapearon sobre a figura do Apalpador, o Rap foi levado ás aulas e tivo unha actuación especial no Festival de NADAL.

GAÑADOR TEXTOS CURTOS DE NADAL

POSTAL GAÑADORA NADAL

A POSTAL GAÑADORA NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL FOI.... ROCÍO LAIZ POMAR - 2º ESO