Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

XUVENTUDE POLO CLIMA

Dende o noso centro, Xuventude polo clima ( sección galega do movemento Friday for Future) tamén se empeza a facer visible e loita por presionar aos políticos para que tomen medidas urxentes contra a crise climática. Unha semana perfecta o ser esta a Semana do Clima , que coincidiu coa Cumbre Climática en Nueva York e as movilizacións xuvenís iniciadas por Greta Thunberg contra o cambio climático. Os alumnos 1º e 4º da ESO (en Bioloxía e Ciencias Aplicadas respectivamente) puxéronse en marcha e os de 1º , trala visualización de vídeos sobre o efecto invernadoiro ,o cambio climático e sobre Greta Thunberg e a movemento Friday for Future, fixeron dibuxos explicando qué é o efecto invernadoiro. Entenderon cómo as emisións de gases provoca o quentamento global e cómo este xenera o cambio climático que estamos a sufrir.  Seleccionaron frases de diferentes autores sobre este tema e, ademáis de concienciarse, sentíronse partícipes pola preocupación polo planeta.  Os alumnos de 4ª

ACTIVIDADES MES DA BIBLIOTECA

ARRANCAMOS

O día 7 de outubro inauguramos o curso 2019-2020 dende a biblioteca cunha peza de teatro da compañía Teatro do ar. A peza  "Sucedáneo"  cóntanos como a xoven Carmen desaparece o día do seu 17 cumpleanos, como saiu pola tarde e xa non volveu, ninguén a viu saír nin ninguén sabe onde está. Susana,   a súa nai, chama a policía pero non a tomarán en serio...Todos participaremos na búsqueda. O director da obra é Pedro rodríguez, un director e autor teatral o que estamos moi unidos porque estudou neste centro, igual que algúns dos actores do reparto. Unha marabillosa forma de empezar o curso ! Vémonos o día 7 ás 10, no salón de actos!

25 de setembro: Axenda 2030

O 25 do 2015 193 países comprometémonos cos 17 Obxetivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas e o seu cumprimento para o ano 2030. Transformar o Noso Mundo é o lema da Axenda 2030,unha nova axenda internacional que especifica os obxetivos da comunidade internacional no periodo 2015-2030 para erradicar a pobreza e favorecer un desenrolo sostible e igualitario. A axenda xira arredor de 5 exes centrais: planeta, persoas, prosperidade, paz e alianzas. Para que sepas un pouco mais de todo iso poderás encontrar a información no enlace da seguinte imaxen. É importante que dende o CPI Arquitecto Palacios e dende a nosa biblioteca axudemos a difundir a Axenda 2030.

BENVIDA

Un curso mais a biblioteca do centro está a sacar lustre para que brille mais que nunca. Pronto abriremos a suas portas e o mundo da fantasía e o aprendizaxe despertará.  Nela teredes cabida todas e todos vos, as vosas familias, os convidados e convidadas que nos visitarán este ano; será todo un recuncho para que os amantes da lectura, da consulta, da experimentación, do aprendizaxe en xeral, poidades disfrutar.