Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os artistas de 5º de Primaria conmemoraron o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller con estes magníficos debuxos 🎨  

✋⛔CHARLA SECUNDARIA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO ✋⛔

     No marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, contaremos coa presenza virtual de Jean Costa, representante da delegación galega da Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE).       O alumnado de Secundaria terá a oportunidade de participar nunha charla- formativa orientada a previr situacións de abuso e violencia de xénero entre a poboación máis nova.      

👾OS NOSOS MONSTROS DE 1ºPRIMARIA 👾

  Marabillosas e medoñentas as creacións das nosas pequenas e pequenos grandes artistas!

Outono musical e literario para as tardes dos venres

  Esta tarde, todas e todos dende calquera lugar do mundo poderedes gozar deste #OutonoLiterarioeMusical dende o facebook de LIBROS PARA SOÑAR ás 18:00 Migallas Teatr o Notiña: a actividade non esta aberta ao público só se poderá desfrutar nas redes sociais.

Queridas librarías, grazas!

       Hoxe celébrase o día das librarías e este ano máis que nunca queremos darvos as grazas pola vosa labor. D espois dunha experiencia como a vivida durante o Estado de Alarma, débese destacar a loita das librerías por manterse vivas e activas, dinamizando o tecido social, económico e cultural das súas contornas. Dentro das celebracións deste día, cómpre destacar a presentación dunha páxina web que centralizará toda a información de actividades e propostas ( www.diadelaslibrerias.es ), así como a presentación ás persoas usuarias de todostuslibros. com ( TTL), a plataforma da pequena e mediana librería que acaba de incorporar o comercio online ás súas prestacións de consulta bibliográfica, difusión cultural e interacción co usuario. Grazas por todos estes anos ao noso lado, pola complicidade e por achegar a lectura a cada recuncho!

O Samaín

A pasada semana celebramos o Samaín 👻👻. Desde a biblioteca, un ano máis, organizamos o certame  Relatos de Terror. Así mesmo   tentamos manter o sorriso cun concurso de Máscaras de Terror.  Aquí tedes algunhas das máis terroríficas!

BOA VIAXE!

Un curso máis as nosas benqueridas mochilas viaxeiras están listas e preparadas para a andaina. Desfrutade da viaxe e boa lectura a todas e todos!

RECOMENDACIÓNS PARA MOVER O ESQUELETO DE MEDO

ESTAMOS DE VOLTA!

  A P E G A R A B I L O N G A