Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento dunha das nosas escritoras máis importantes e internacionais: Rosalía de Castro!  Para celebrar esta data elaboraremos unha rosa cos versos de Rosalía. Aquí tedes o que necesitaredes:   

O ENTROIDO EN GALICIA E OS PELIQUEIROS DE 1ºESO

Os alumn@s de Secundaria investigaron sobre o Entroido en Galicia e elaboraron as súas propias máscaras de Peliqueiros

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA #NO MORE MATILDAS

  Un 11 de febreiro, alá polo século IV d.C, nacía Hipatia de Alexandría.  Matemática, astrónoma e filosófa pagana considerada por moitos a primeira muller científica da historia.  A ONU escolleu a data do seu nacemento para celebrear o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co obxectivo de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero. O noso alumnado de Secundaria dedicou un día tan especial a coñecer o denominado efecto Matilda e reflexionar sobre o escaso coñecemento que temos sobre o papel da muller na ciencia e como paralo.

DE ENTROIDO NO INSTAGRAM 🎭

Este ano é un Entroido especial; non sairemos de comparsa pola rúa pero si o faremos polo Instagram da biblioteca. Para iso, enviaredes un vídeo ou unha foto (individual ou en grupo) na que mostredes os vosos disfraces de Entroido a lenguacpipanxon@gmail.com Tedes desde hoxe ata o 17 de febreiro. Haberá premio para o disfraz máis orixinal  🎭

💘 DÍA DOS NAMORADOS 💘

      Como sabedes o vindeiro 14 de febreiro celébrase o día dos namorados. Chega o momento de expresar a amizade, o cariño e o amor tan necesarios en tempos de pandemia. Escribide unhas verbas a quen máis estimedes e deixádeas nos buzóns. Animádevos a participar!!!

CERIMONIA ENTREGA DE DIPLOMAS PANXÓN NOBEL🏆 🥇

                                                                                                 

GAÑADOR@S CONCURSO MARCAPÁXINAS

  Parabéns aos gañador@s 🎉👏!!! Sabela Iglesias Fernández. 1º Primaria    Martín Chamorro Sanromán. 2ºA ESO