Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

  No marco da conmemoración do Día Mundial da Poesía que se celebra o 21 de marzo, o alumnado de 1ºESO celebrou un recital de poesía.  Neste ano Xacobeo e dentro do PDI do centro,  O Camiño que une , achegámonos á realidade do Camiño de Santiago a través da obra  Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago , de Uxío Novoneyra.  Grazas a Héctor Chamorro pola edición do vídeo.

Símbolos de Santiago

        O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando os símbolos máis destacados do Camiño Símbolos De Santiago Publish at Calameo

MULLERES PINTORAS 🎨 🙎

Magnífico o traballo realizado polas alumnas de Xeografía e Historia de 4º ESO. Parabéns a Montse, Ainara, Elena, Iria, Rocío, Lucía e Uxía. Sodes unhas artistas!! Mulleres pintoras Publish at Calameo

GALEGAS PIONEIRAS

  Co motivo da celebración do día Internacional da Muller Traballadora o alumnado de Secundaria  achegouse a labor,  moitas veces descoñecida pero fundamental, de mulleres galegas pioneiras nos seus ámbitos profesionais ao longo da Historia.  🙎  Galegas Pioneiras Publish at Calameo

O CAMIÑO QUE UNE

O pasado febreiro, no marco do PDI do Centro, o alumnado de Primaria coñeceu  a través do xogo as particularidades do Camiño portugués pola costa.  👉 O CAMIÑO QUE UNE Publish at Calameo

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 💜.

 O día 8 celebramos a loita da muller dentro da sociedade. É un día no que temos a oportunidade de recoñecer o esforzo das mulleres do noso arredor.  RETO: PRESENTAMOS AS MULLERES DA NOSA VIDA  O novo reto consiste en enviar poIo Instagram ou polo correo lenguacpipanxon@gmail.com unha fotografía cunha muller á que admires moito. Engade á fotografía unha presentación da muller que escollas.  MULLERES NA MÚSICA (2º ESO B) MULLERES NO PRADO (4ºESO) MULLERES CIENTÍFICAS PREMIO NOBEL

Paddlet sobre mulleres científicas realizado polo alumando de 4ºESO de Cultura Científica

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 8 DE MARZO