Chega o Nadal a mellor época para desfrutar, xogar, aprender, soñar.....e dende o Equipo de biblioteca queremos compartir con vos unha lista de deberes moi especial. Animámosvos a intentar facer alguns deles ou todos se é posible.
Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁
Comentarios
Publicar un comentario