Ir al contenido principal

CELEBRAMOS O DÍA DA DISCAPACIDADE

Con un pouco de retraso celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o equipo de biblioteca xunto co departamento de orientación organizou unha sensibilización xunto coa Asociación de persoas xordas de vigo (FAXPG).
Así que hoxe 16 de decembro, en dúas sesións a primeira adicada ao 1º e 2º ciclo de educación primaria e a segunda sesión ao 3º ciclo, Camilo mestre de lingua de signos e xordo xunto con dous intérpretes fixo dúas actividades:

1º Campaña de sensibilización: Camilo explicou aos nenos e nenas como é un día na vida cotiá dun xordo e de que medios se serven para poder ser autónomos, para iso utilizou unha presentación na que a través dun neno xordo chamado Iago ía recorrendo as diferentes actividades cotiás nas que un nenos xordo pode ter problemas, atopa barreiras   que lle poden impedir a súa integración na sociedade, escola..etc, e coa axuda colaborativa do alumnado ía presentando as solucións. Para rematar a acampaña vimos un vídeo "O sono de pedro"



(Narra as aventuras de Pedro, un neno xordo que descubre o significado da Integración. Este material pretende mentalizar á sociedade de que as persoas xordas e, neste caso, os nenos/as xordos teñen as mesmas capacidades que calquer outro neno/a, só temos que crer nelas e favorecer a supresión das barreiras de comunicación que lles impiden desenvolverse con normalidade.)
2ª Contacontos: Logo da fase de sensiblizació fixeron un contacontos en lingua de signos, "Un culete independiente": Camilo contaba o conto na lingua de signos e unha intérprete faciao en lingua oral.



A sesión durou aproximadamente unha hora, e os nenos/as estiveron moi interesados, fixeronlle moitas preguntas e disfrutaron moitísimo co contacontos. ¡Ah! e tamén despois da sesión apredemos algúns signos básicos desta lingua, deixaronnos unha folla co abecedario que os nenos/as levaron moi contentos e con moitas ganas de aprender.
Dende este blog queremos darlle as grazas a Camilo e aos seus intérpretes por compartir o seu tempo con todos nós. A actividade impartase de maneira gratuíta.


Asociación de Personas Sordas de Vigo
C/ Romil; 22-24 Bajo36202 Vigo
Teléfono 986 281 370

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤