Ir al contenido principal

EXPOSICIÓN DE CADERNOS


 Un dos obxectivos que plantexamonos para a mellora das competencias de comunicación lingüistica do noso alumnado esta relacionado coa expresión escrita e coa corrección ortográfica e formal dos cadernos de clase. 

Para potenciar estas cuestións realizamos, dende o curso pasado, unha EXPOSICIÓN DE CADERNOS na que se mostran aqueles que destacan polo seu coidado presentación e polos seus contidos. Durante a semana pasada montamos esta mostra, para a que se seleccionaron só algún dos moitos cadernos que, cada vez en maior cantidad, realizan os nosos alumnos e alumnas con esmero e dedicación.  



Un xurado composto por profesores e profesoras do centro seleccionaron os máis destacados aos que o día 21 entregouselles  un premio. A verdade é que o traballo non foi fácil xa que todos o merecían e o verdadeiro premio xa foi ser seleccionado para a exposición. 
En xuño, ao final de curso, realizaremos unha nova exposición na que se premiaran os mellores cadernos de cada nivel en recoñecemento ao traballo de todo un ano.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤