Ir al contenido principal

OS NOSOS TRABALLOS DA PAZ...SOSTIBLE

 O NOSO ÁRBORE DA PAZ

 SECUNDARIA

O corredor de Secundaria está adornado coas xigantes pombas que elaborachedes con cartóns reciclados e que oego, con increíble pacenza, pintachedes, e retocachedes. O resultado foi moito mellor do que  imaxinamos. Felicitación aos que colaborachedes de 3º e 4º.

4º ESO
" A PAZ SE CONSTRÚE ENTRE TODOS"

O alumnado de 4º da ESO elaborou un puzzle dunha pomba da Paz e o día 30 todos os alumnos/as da ESO aportou unha parte dese puzzleque previamente cada un deles pintara e foron construindo a súa Pomba da Paz, pretendian con este acto demostrar que a Paz so poderá ser constuida coa unión de todos/as.
O resultado foi esta magnifica pomba como homenaxe a Paz.





COMIC DA PAZ CON "PANXEOLO"
                                             

Open publication - Free publishing - More informative

 1º DE ESO

Os alumnos/as de 1º deseñaron un mural coa profesora de lingua castelá "Hola paz, adiós guerra". Nel souberon colocar os países nos que se fala unha lingua románica ou xermánica e a traducción do mensaxe citado. Só é necesario engadir a foto para que vos podádes facer unha idea do seu trabajo e do exitoso resultado conseguido.



1º e 2º da ESO 


MENSAXES DE PAZ CON FERRAMENTAS DA WEB 2.0

Power point from juegodepalabras

Nesta conmemoración e através do Blog Juego de palabras de lingua Castelá descubremos a unha garnde escritora.  Sandra Gómez- Besada de 2º ESO, realizou un fermosisimo conto con motivo desta conmemoración que podedes ler a continuación. 


 PRIMARIA
 Toda a Comunidade educativa puido desfrutar do recitado de poesías do alumnado de EP, as súas interpretacións poéticas desfrutámolas todos xa que o fixeron moi ben. Participaron alumnos e alumnas de todos os cursos de Primaria.

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria crearon contos para conseguir unha Paz ....sostible coa ferramenta storybird, hoxe subimos a este blog os dous primeiros contos e nos vindiros días iremos subindo os demais.

Mario Rial Ferreira: OS SALVADORES DA NATUREZA
Patricia Pérez: A FORZA DA AMIZADE

 As actividades rematoran coa IV CARREIRA SOLIDARIA na que participaron o CPI de Panxón, CEIP "DA CRUZ" de Camos e o CEE "Juan María". O diñeiro recaudado será entregado aos Servizos Sociais do Concello para atender ás necesidades do noso entorno nestes tempos de crise.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤