Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños. Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤
Ola, dende Os poemas do río deixámosvos unha dirección para que traballedes se vos apetece o tema da igualdade cos nosos materiais ;)
ResponderEliminarhttp://ospoemasdorio.com/wp-content/uploads/eusoncomati_ud.pdf
http://portal.sliderocket.com/BNNET/EU-SON-COMA-TI-8-marzo