Ir al contenido principal

II CAMPAÑA SOLIDARIA: OPERACIÓN QUILO II

Estimadas familias:




Ao igual que o curso pasado, ao chegar as datas do Nadal de novo, realizamos no colexio a campaña de recollida de alimentos que entregamos ao Banco de alimentos do Concello para que o fagan chegar ás familias que máis o necesiten.



Tratamos con iso de fomentar no alumnado os valores de cooperación, solidariedade e de axuda, máis necesarios que nunca nestes tempos nos que a CRISE afecta xa a moitas familias.


A campaña leva por título "Operación Quilo II” e pretendemos que entre todas as persoas que integramos a comunidade educativa do colexio sexamos capaces de reunir polo menos un quilo por familia.



Por esta razón propoñemos que ao longo destas semanas próximas, entre o 25 de Novembro e o 12 de decembro, cada familia que o desexe colabore con 1 quilo, litro, bolsa,… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, azucre, latas, leite...). Para animar a campaña, na entrada do colexio preparamos unhas pesas, onde se reflectirá cada día a cantidade recollida.


Agradecendo de antemán a vosa colaboración, animámosvos a facer chegar o voso "QUILO de solidariedade" que pode entregarse na Conserxería de colexio.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤