Ir al contenido principal

CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES

O cine levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Educación 3.0 recompilou cinco curtametraxes pensadas non só para traballar en clase, senón tamén na casa para educar en valores ao alumnado e que reflexione sobre diferentes temas como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo...
1. Cuerdas: O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que se recoñeceu recentemente co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.
El vendedor de humo
2. El vendedor de humo: Este curto animado formula diferentes cuestións arredor das cales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, como en ocasións lle damos demasiada importancia ás aparencias...

El hombre orquesta

A factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia de traballar en grupo. Así mesmo, reflicte que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ao extremo e isto implica danar o resto de compañeiros.

El viaje de Said
Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta curtametraxe musical de animación feita con plastilina. Nel formúlase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidariedade.



Pipas5.Pipas
Avalada por diferentes premios e coñecementos, Pipas reflicte a importancia de aprender e mostra o fracaso escolar da sociedade a través da mirada de dúas rapazas novas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤