Ir al contenido principal

ENTREVISTAMOS A UNHA MAREANTE: CARMEN CHAMORRO

Pola situación do noso centro nun pobo onde moitos dos seus habitantes están relacionados co mar e, xa que o noso proxecto anual, moito ten que ver con iso, parecía moi idóneo que se nos mostrasen as interioridades de profesións maioritariamente femininas para renderlles tributo nun día tan especial como é o Día da muller traballadora.
Tres alumnos de 2º de ESO aproveitaron a visita dun grupo de mulleres que viñeron nesta conmemoración a mostrarnos os seus traballos; traballos do mar pero que pouco sabemos deles. Algúns dos nosos alumnos saben diso porque as súas nais son mariscadoras e redeiras, outros porque ven os labores destas mulleres dende pequenos pero, aínda así, un gran grupo non reparamos nos pormenores que estes traballos tan duros encerran.
Día da muller traballadora e as bases dun proxecto conxugaronse para que os nosos coñecementos sexan maiores sobre iso e tivo como colofón as entrevistas realizadas por estes alumnos a Carmen Chamorro, unha nai dun compañeiro que é redeira.
Para que saibades un pouco máis sobre iso déixovos coas súas entrevistas.
 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤