Ir al contenido principal

COMEZAMOS CURSO 2014-15

Ola a todos/as:
Xa estamos aquí de novo, regresamos,  xa fai un mes máis ou menos que comezamos este novo curso, pero como sempre, os comezos adoitan ser moi axetreados e non foi ata hoxe que puidemos comezar co noso blog.
Como vos dicía xa levamos por aquí un mes, e aínda que non demos sinais de vida estivemos a organizar a nosa biblioteca, preparándoa para abrila.
Organizando o equipo de traballo, mirando posibles títulos para o noso proxecto lector, en fin, un montón de cousas que son necesarias para que todo funcione.
Empezamos o curso con moita ilusión e con moitas ganas. Queremos que un ano máis a biblioteca se converta en centro de actividades e recursos como vén sendo nos últimos anos e para iso é imprescindible que contemos con toda a comunidade educativa, xa que sen ela o noso traballo non tería demasiado sentido.

En fin, comezamos o camiño, e esperamos que nos acompañedes neste precioso paseo.

Un saúdo a todos/as

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤