Ir al contenido principal

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA






Durante todo o curso haberá contacontos os segundos mércores do mes para primaria e os cuartos últimos mércores para secundaria. Serán durante o recreo na biblioteca. Os contos terán que estar en galego e contarse sen ler. Poderán ser escenificados e mesmo poden ser colectivos. Tratarán sobre o mar ou o campo, temas do proxecto deste ano. Os contos poden ser inventados ou que xa existan.
 As datas son as seguintes : 


                                   8 e 22 de outubro                        
                          12 e 26 de novembro
                          10 de decembro
                          14 e 28 de xaneiro
                          11 e 25 de marzo
                          15 e 29 de abril
                          13 e 27 de mayo

A primeira data do mes é para primaria e a segunda é para secundaria.
Animadevos a participar!

Os gañadores deste concurso de contacontos irá en abril ó concurso de relato oral  “ Tiralle da Lingua “ en Santiago de Compostela, con posibilidade de gañar 250 euros.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤