Ir al contenido principal

A IMPORTANCIA DO ALMORZO

Os días 3, 5 e 10 de febreiro desenvolveuse no noso colexio o programa “Almorzos saudables, a importancia do almorzo”, en colaboración coa Xefatura Territorial de Sanidade. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de primaria. Consistiu na realización dunha charla formativa e motivacional, que se complementou cunha parte práctica, o consumo dun almorzo saudable (Mediterráneo) elaborado previamente. Froitas, lácteos, aceite de oliva, pan, tomate,….foron  algúns dos alimentos que saborearon os nosos alumnos e alumnas. Tamén se traballou a saúde bucodental.

Entre os obxectivos deste programa figuran que o alumnado estableza e/ou se afiance no hábito de almorzar. Que teñan en conta que a dieta sexa equilibrada e con variedade de alimentos de cara a cubrir as súas necesidades nutricionais. Que xeren actitudes e motivacións cara o coidado persoal que lles permita un desenvolvemento axeitado tanto no momento actual coma no futuro.


Desde aquí agradecemos aos pais e nais a súa colaboración!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤