Ir al contenido principal

O MES DA POESÍA NO CPI DE PANXÓN

Neste mes de marzo celebrase o día da Poesía e no CPI de Panxón traballamola da seguinte maneira: organizamos varios obradoiros por idades nos que pretendemos achegar aos rapaces e rapazas á literatura, en concreto á poesía, de maneira lúdica e divertida, traballando eles mesmos con textos de poetas galegos, ou que lles permite perderlle ou medo á poesía xogando con ela.

Os poemas cos que estamos a xogar estan intimamente relacionados coa viaxe dos alimentos dende " A HORTA AO PRATO",encadrando así os obradoiros coa temática que se desenvolve este curso no noso proxecto documental.

Son moitos os poetas galegos que teñen dedicado páxinas en verso á gastronomía e aos produtos dá mesma, dende os máis clásicos como Álvaro Cunqueiro ata os máis modernos como Celso Fernández Sanmartín ou Yolanda Castaño. Dá man dous seus versos poderemos achegarnos á poesía galega e xogar con ela.

XOGANDO COS VERSOS

Con esta Este actividade pretendimos achegalos á lectura e escritura de poesía a través de xogos con poemas coñecidos e, no caso dos nenos que teñen habilidade de lectoescritura, a escrita dos seus propios poemas partindo dos versos propostos.

Nun primeiro exercicio, partimos de versos en cores chegados de distindos poemas que os alumnos/as, por grupos, poden colocar para construír os seus propios poemas. No caso dos nenos máis pequenos os versos son mais breves, facilmente comprensibles, e contarán coa axuda do profesorado para lelos. Unha vez que cada grupo tivo o seu poema feito colocámolo nun mural e realizaron debuxos para ilustralos.

Outra das actividades consistiu en completar un poema , presentado nun mural, ao que lle faltan palabras. Para iso empregamos debuxos ou palabras, segundo as idades do alumnado. Ao final limos as nosas creacións e o poema orixinal.
No desenvolvemento dos obradoiros contamos coa guía da Poeta e escritora María Lado.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤