Ir al contenido principal

ESCRIBIMOS ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS

Dende o Departamento de Lingua Castelá propoñen, para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Alicia no país das Maravillas de Lewis Carroll,  a seguinte actividade.
  1.  Letura do conto "Alicia no país das Maravillas" de Lewis Carroll
  2.  Reescritura do capítulos do libro, para levalo a cabo poden inventar todo o que queiran, engadir personaxes, cambiar argumento.....realizando o traballo de maneira colaborativo capítulo a capítulo.
  3. Ilustración de cada un dos capítulos de maneira que podamos imaxinar mellor a nova recreación de "Alicia no pais das maravillas"
  4. Título da nova creación.
Pois xa sabedes , ao choio! Seguro que conseguides sacar ese escritor oculto que levades dentro.
Deixámosvos coa adaptación cinematográfica , por se queredes vela.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤