Ir al contenido principal

VI CARREIRA SOLIDARIA E SOLTA DE GLOBOS

Por sexto ano consecutivo o día 29 de xaneiro celebramos a carreira solidaria, o diñeiro recaudado será entregado aos servizos sociais do concello co obxectivo de axudar aos mais desfavorecidos.
A carreira comezou coa lectura dos alumnos/as da ESO dun manifesto

A continuación do manifesto os alumnos/as de primaria, ESo e profesorado realizou a súa carreira solidaria.

Ao remate da carreira toda a comunidade educativa cantou unha serie de cancións en prol da PAZ, e o alumnado do College Francés La Providence de intercambio esta semana no noso centro interpretou a seguinte canción " LE POUVOIR DES FLEURS"  Laurent voulzy. Despois o alumnado de 2º de ESO na materia de francés fixeron un traballo de investigación ao que deron lectura "JE SUIS....".

Todas as actividades remataron cunha solta de globos.

Dende aqui queremos agradecer a participación dos Centros: CEE de Panxón, CEIP de Camos e College La Providence, tamén queremos dar as grazas ao profesorado de EF que se encargou da organización.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤