Ir al contenido principal

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “GALICIA, AUGA E LITERATURA” I


Para conmemorar o Día da Poesía, o equipo da biblioteca propoñe a todos os cursos de primaria e ESO participar no II Concurso de Fotografía “Galicia, Auga e Literatura”, patrocinado por Viaqua. Do mesmo xeito que na pasada edición, o que se busca con este concurso é achegar a literatura galega aos escolares de Educación Primaria e Secundaria a través da auga; á vez que se conciencia sobre os usos e beneficios desta. 
Os alumnos e alumnas deberán elixir un poema ou verso determinado nos que a auga estea presente e ilustralo cunha fotografía. A creatividade e orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso, terán a súa recompensa. En concreto, o primeiro e segundo premio para os escolares de cada categoría será unha Tablet Nevir LCD 8" e unha Cámara Dixital Nikon, respectivamente. Os profesores, pola súa banda, serán galardoados cunha estancia dunha noite para dúas persoas en OCA Augas Santas (Pantón - Ourense). Na entrada do colexio temos unha mostra bibliográfica de libros de poesía relacionados coa auga dispoñibles na biblioteca.
Durante a hora de biblioteca os alumnos investigaron cos seus titores nos libros de poesía. Cada alumno ou alumna elexiu na biblioteca o seu poema para participar no concurso.
Despois colgamos todos os traballos dos alumnos e alumnas no tendal da entrada do noso colexio.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤