Ir al contenido principal

PRIMAVERA DAS LETRAS: CARLOS CASARES

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras, a web contén recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano.



Carlos Casares, é este ano o escritor  homenaxeado no Día das Letras Galegas.  Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos.
A web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.
Fonte:RAG

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤