Ir al contenido principal

CONTACONTOS "A BIBLIOTECARIA DE BASORA"

Alia Muhammad Baker é a bibliotecaria de Basora. Durante 14 anos a súa biblioteca foi un lugar de encontro para todos aqueles que aman os libros. Ata que empezou a invasión de Iraq. Esta é unha historia real acerca da loita da bibliotecaria por salvar o valioso fondo da biblioteca e que nos recorda a todos que, o mundo enteiro, o amor pola literatura e o respeto polo coñecemento non coñecen fronteiras.
As bibliotecas e os  libros son un lazo á vida e a amistade en tempos difíciles.
O alumnado de 1º Primaria está a realizar a lectura do libro con motivo da celebración do día Paz, posteriormente realizarán un traballo plástico e escrito sobre o conto.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤