Ir al contenido principal

LETRAS GALEGAS: EXPOSICIÓNS GAÑADORAS DO CONCURSO EXPOSICIÓN EDUCACIÓN INFANTI E PRIMARIA-SECUNDARIA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de María Victoria Moreno entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á nosa disposición os carteis da exposición destinada aos centros de educación infantil e primaria.
A exposición (elaborada polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e gañadora do Concurso das Letras Galegas 2018), e titulada "Victoria Moreno, mestra con alma", fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra da autora a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio.



Na ESO a exposición gañadora foi a elaborada polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra , e
titulada "Sombra e luz".

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤