Ir al contenido principal

ALMUDENA GRANDES, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2018

A escritora madrileña foi galardoada pola obra "Los pacientes del  doctor García"
O Ministerio de Cultura e Deporte concedeu o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa, correspondente a 2018, á escritora Almudena Grandes pola obra "Los pacientes del  doctor García". O galardón, ten por obxecto distinguir a obra de creación literaria dun autor español, editada en 2017 e escrita en calquera das linguas oficiais do Estado. O xurado elixiu esta obra por “ser a cuarta entrega dun ambicioso proxecto narrativo que leva por título Episodios dunha guerra interminable. Na súa novela, que se centra na historia da posguerra española, con achegas ás consecuencias da Segunda Guerra Mundial, conseguiu un difícil e preciso equilibrio entre o imaxinado e a lealdade á verdade histórica”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤