Ir al contenido principal

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é un mes cheo de actividades, campañas, celebracións nas Bibliotecas e unha destas e o MES DA CIENCIA EN GALEGO que o noso centro ven celebrando dende fai uns anos.
De luns a venres, nos recreos, o Club de Ciencia do CPI desenvolverá prácticas de bioloxía, xeoloxía, matemáticas, química dirixidas ao alumnado de primaria.
 Os alumnos/as da ESO participaron como monitores no desenvolvemento destas actividades. ENHORABOA¡¡¡¡¡




OBSEVACIÓN DUNHA GOTA DE AUGA DA CHARCA DO CENTRO




Algúns recursos dispoñibles para estimular o achegamento á ciencia en galego, en novembro e durante todo o ano, na biblioteca escolar.
WEB: NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS(recompilación de recursos, webs temáticas, materiais diversos arredor da ciencia en galego)
CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS- LIBROS INFORMATIVOS(Pinterest cunha recompilación de libros informativos editados en galego susceptibles de formar parte da colección dunha biblioteca escolar)
MALETAS VIAXEIRAS DE CIENCIAS ("Ciencias-Primaria, Ciencias-Secundaria, Física e Quimica, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas-Primaria, Matemáticas-Secundaria, do Programa de "maletas viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares)
MANIFESTO de Luís Navarro
DOCUMENTO "Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas- 2018

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤