O alumnode 1º de ESO YEROUT FERNÁNDEZ PEREIRA e o alumno de 3º da ESO EDGAR RODRÍGUEZ SANROMÁN, escribiron e rapearon sobre a figura do Apalpador, o Rap foi levado ás aulas e tivo unha actuación especial no Festival de NADAL.
Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁
Comentarios
Publicar un comentario