Ir al contenido principal

CONTACONTOS: ÁNGELES ESCRIBANO

O 14 de marzo tivemos a sorte de contar de novo coa visita de Angeles Escribano. Ángeles foi maestra,  coordinadora de grupos de bibliotecas escolares da zona de Vigo, amiga de poetas e amante da literatura, teatro e poesía. Agora está xubilada e no seu tempo libre adícase a unha das súas pasións: contar contos para acercar aos nenos/as a lectura. Este ano presentounos o conto  "Sete ratóns cegos" de Ed Young aos nenos de 1º,2º e 3º de Primaria e, para os nenos/as de 4º,5º e 6º de primaria, acercounos a vida e obra de Roald Dahl e rematamos co experimento da Cinta de Moebius.
 Para comezar a actividade os nenos/as chegaron coas súas invitacións e Ángeles escaneunas, despois acompañada de Igor, comezou o contacontos coa súa axuda.
Nas dúa sesións tivo gran protagonismo os poemas de Juan Carlos Martín do seu libro "La alfombra Mágica" ; espexialmente o titulado "O Tren". Tievemos a sorte de que nos presentara ao autor e a Lurdes López o ter unha gran amizade con eles.




A maxia de Ángeles fixo posible que estiveran connosco a través dun vídeo;  nel Juan trata de explicarnos que é a poesía e como temos que entendela na escola, axudado polo seu compañeiro "Jorge Mario".



 Con Juan a guitarra e coa voz de Lurdes cantaronnos unha canción que era un poema musicado de Juan "En el mundo de los libros" ao que engadiron un estribillo que repetimos todos xuntos con eles: "A leer, a leer, a viajar sin mover los pies".
 
 Moitas Grazas Juan Carlos e Lurdes, só esperamos que algún día podades vir en persoa a nosa biblioteca para que nos fagades desfrutar un pouco mais do maravilloso mundo da poesía.

Grazas, Ángeles, por esta xornada maravillosa! Agardámoste de novo o ano que ven¡¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤