Ir al contenido principal

VIII OPERACIÓN QUILO: “Alimentos libros e Recollida de xoguetes”.

"Un ano mais con motivo das festas de Nadal, realizamos a campaña de recollida de alimentos ao igual que nos dous últimos anos podedes escoller un libro procedente do expurgo a cambio da entrega dos alimentos” e xunto coa campaña de alimentos en colaboración coa ANPA tamén facemos Campaña de recollida de xoguetes.

Todos os alimentos e xoguetes serán doados ao Concello para a súa distribución.
Tratamos con iso de fomentar no alumnado os valores de solidariedade e de axuda.

Por esta razón propoñémosvos que ao longo das vindeiras semanas, entre o 2 de novembro e o 18 de decembro, cada familia que o desexe colabore con algún quilo, litro, bolsa… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, azucre, latas, leite…) e xoguetes que os vosos fillos/as non lle fan caso e que acaban nos trasteiros o no fondo dos armarios. É importante facerlles ver aos vosos fillos/as que doando o que lles sobra poden facer felices a outros nenos necesitados.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración, animámosvos a facer chegar os vosos “QUILOS de solidariedade”.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤