Ir al contenido principal

A MULLER E A NENA NA CIENCIA 2020

O 11 de febreiro preténdese visibilizar o traballo das científicas, crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.

Na súa web atópanse propostas de actividades para clase: Elixir unha científica e facer unha redacción ou presentación sobre os seus logros científicos. En Pioneiras podedes atopar algunhas biografías de científicas.
 Presentacións sobre mulleres científicas:
 Cosmóloga, Amanda Weltman (1979) Amanda Weltman (1.1 MB). 
Astrofísica, Jocelyn Bell: Jocelyn Bell (9.6 MB) 
Matemática, Maryam Mirzakhani (1977 – 2017) en pdf MaryamMirzakhani (660 KB) 
Química, Rosalind Franklin (1920-1958) Rosalind Franklin (1 MB). 
Xogos e máis : crebacabezas, cartas, sopa de letras, trivial.. Ilustracións
 Libros e películas
Figuras ocultas, cóntanos unha historia real de desigualdades, discriminación, superación persoal e colectiva. Narra a historia nunca contada de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a comezos dos anos sesenta (en plena carreira espacial, e así mesmo en metade da loita polos dereitos civís dos negros estadounidenses)
Actividades sobre a película
Sobre dereitos e educación
 Las chicas son de ciencias. 25 científicas
Científicas destacadas da historia
Artículo:"Míriam Pena, una programadora en la cima de Silicon Valley"
Vídeo (Microsoft) para promover el interés de las chicas en las carreras de Ciencia, Tecnología, Ingeniería y Matemáticas.(1:39)
Reportaxe no País
QUERO SER CIENTÍFICA:  Enlace a todos os vídeos cunha explicación detallada dos ámbitos de traballo en cada unha das profesións de mulleres científicas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤