Ir al contenido principal

DÍA MUNDIAL DO ARTE: RETO 3-TRABALLOS ALUMNADO



O Día Mundial da Arte celébrase o 15 de abril, e foi instituido dende o ano 2012 pola Asociación Internacional da Arte (IAA). A data foi elexida porque un día como ese do ano 1452 naceu o pintor italiano Leonardo da Vinci, quen tamén foi arquitecto, escritor, escultor, músico, poeta, urbanista, anatomista, paleontólogo, botánico, científico, filósofo, enxeñeiro e inventor. Todo un exemplo do que se coñece como home renacentista.

Este día pretende dar a coñecer a importancia que a arte e o pensamento creativo ten na resolución de problemas e no desenvolvemento do pensamento humano.

A arte é un das mellores expresión que o home ten para expresar o que sente, o que lle fascina, o que lle preocupa , o que lle interesa a través de recursos plásticos, sonoros ou lingüísticos.

Un día perfecto para dedicar e festexar con literatura, música, danza, pintura, escultura...ti escolles.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤