Ir al contenido principal

"MÁS ALLÁ DEL BALCÓN": RECURSO EMOCIONAL

Miriam Campos Leirós, coordinadora de ‘Teachers For Future Spain’ e docente no CEIP Antonio Palacios do Porriño (Pontevedra), elaborou un caderno ilustrado para axudar aos seus alumnos durante a corentena. Nel explícanse as diferenzas entre, por exemplo, epidemia e pandemia, ou virus e bacteria, e ademais, ofrece diversas actividades que favorecen a expresión emocional dos menores.
O caderno foi elaborado xunto a Eva Prol Sanjurjo, quen se encargou das ilustracións. Nel, os nenos/as teñen acceso a información para entender que é un virus, un fungo ou unha bacteria, por exemplo. Explícanse conceptos como a solidariedade, a diferenza entre endemia, epidemia ou pandemia; E conta, ademais, con diferentes actividades que dan lugar á reflexión sobre os sentimentos e os acontecementos que suceden ao seu ao redor. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

11 F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

  Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un traballo de investigación sobre mulleres científicas para conmemorar así o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Investigaron mulleres como Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Concepción Arenal, Ángela Ruiz Robles, Ángeles Alvariño… e fixeron unhas fichas técnicas que quedaron expostas no corredor da escola.  Botade unha ollada: