Ir al contenido principal

NADAL 2021!!!



 


Aínda que por desgraza seguimos en tempos de pandemia. No CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios tamén sabemos divertirnos. É por elo que, o día nos deixou diferentes sorpresas. 

Primeiramente o noso alumnado e profesorado puideron disfrutar do conto do Apalpador, e posteriormente degustar chocolate con churros e un anaco de roscón de reis. Estaba todo delicioso!


As 12 tivemos a gran sorte de vivir as badaladas do CPI, grazas a dous alumn@s de Secundaria, que permitiron que o alumnado nas súas clases degustara de 12 doces, ao son das badaladas. 

Despois, o alumnado de Primaria foi ao pabillón, co fin de apreciar e participar nunha actuación. A primeira delas foi unha exhibición de patinaxe artístico, e que ben patinan as nosas alumnas, da gusto velas!!!!



E, finalmente o alumnado e o profesorado de Educación Primaria bailaron a canción "Jingle Bell Rock". Que bailaríns estamos feitos no CPI Arquitecto Palacios! 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤