Ir al contenido principal

Xornada de xogos

 


Hoxe levamos a cabo unha xornada de xogos moi especial. 
Xuntámonos os nenos e nenas de 5º e 6º de EP e fixemos grupos variados. Que gran oportunidade para coñecernos mellor!

Comezamos o tour cunha paradiña na aula STEAM, alí atopábamos a clase escura e unha mesa con luces moi coloridas e moitas letras. A nosa misión era atopar a palabra máis longa en galego para así gañar moitos puntos! 

A outra paradiña era a nosa querida biblioteca, un recuncho onde poder reunirnos e compartir risas, aprendizaxe e diversión! 
Alí tiñamos varios xogos moi divertidos: Unánimo, La morada maldita, Alto voltaje, Sushi Go, Speed Cups e Carrera de Letras. 
Estivemos un ratiño en cada xogo e o pasamos de medo! 
Mirade 👀👇

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤