Ir al contenido principal

MILLA DIARIA

Neste mes de abril estamos conmemorando o Día Mundial Da Saúde (7 de abril), con diferentes actividades, como a semana da froita ou diferentes charlas. A semana pasada, todos os cursos do centro participamos na Milla Diaria, que consistiu en que nun momento da xornada saímos das aulas para percorrer unha milla polo centro. Camiñar ou correr era o de menos, xa que o importante era comprender a importancia de movernos un pouco cada día para coidar o noso corpo. Ademais, na saída ás Cíes que realizamos en 5º e 6º xunto cos nenos e nenas de Manchester tamén continuamos con esta actividade percorrendo neste caso varias millas.

Estamos en marcha! 👇👀



























Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤