Ir al contenido principal

E mentres tanto no horto...

 

O mes pasado, o alumnado de Educación Primaria puido desfrutar das actividades do horto que realizamos mes a mes.
Cada curso encargouse dunha cousa:
  • 1º EP: limpeza e plantación
  • 2º EP: plantaron lufas e recolectaron fabas e acelgas.
  • 3º EP: plantación
  • 4º EP: recolleron espinaca tetragonia, quitaron herbas da terra, colocaron titores para os tomates, abonaron, plantaron tomates e albahaca. 
Sen dúbida, levamos moitas aprendizaxes grazas a Raquel e Diana.
Vos deixamos cun resumo 👇:



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤