Ir al contenido principal

Obradoiro: pensando en vidro

 

Neste mes de decembro o alumnado do CPI Plurilíngüe Arquitecto Palacios realizou diferentes talleres de reutilización de materiais: plásticos, de vidro e de CD`s para confeccionar adornos de Nadal.

Xeración ECO aportanos os seguintes datos:

O noso estilo de vida está baseado no consumismo (que non é o mesmo que o consumo). Isto implica a necesidade constante de explotar os recursos naturais para poder satisfacer as nosas necesidades, mais tamén a produción dunha gran cantidade de residuos.

Estímase que cada ano xeramos no mundo 2.010 millóns de toneladas de residuos urbanos, o equivalente a 822.000 piscinas olímpicas. Os e as expertas dinnos que aumentará a xeración de residuos, se non facemos algo, nun 70 % en 2050. Isto é unha barbaridade, e non podemos permitilo.

De todos os residuos producidos nos fogares españois, o 13 % son residuos de vidro, un material que grazas ás súas propiedades se pode reciclar infinitas veces (para producir novos envases de vidro) ou que podemos reutilizar para darlle outros usos diferentes do orixinal.

En 2025, a Unión Europea estableceu como obxectivo reciclar o 75 % do vidro consumido.

Súmaste a esta iniciativa poñendo o voso gran de area para poder conseguilo?

A rapazada do cole súmase e mirade que adornos tan bonitos fixeron 😍





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤