Ir al contenido principal

MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O mes de outubro, e o mes da biblioteca escolar, ao igual que outras moitas escolas de todo o mundo o CPI de PANXÓN quere commemoralo con algunhas actividades o día 28 de outubro no salón de actos, comezaremos ás 9:35.

Ao longo desta semana poderédesvos achegar cos vosos titores/as, para percorrer todos os espazos da Biblioteca e facer cuestións no tocante á colocación e ubicación dos libros, xornais, revistas, bandas deseñadas,xogos,... e calquer outra dúbida que se vos presente.
E O VENRES 28 xuntarémonos todos/as no salón de actos para presentar as actividades que traballamos este mes dende a biblioteca, non esquezades que o Samaín esta moi perto e haberá sorpresas....

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤