Ir al contenido principal
AS NOSAS MOCHILAS COMENZAN AS SÚAS VIAXES.


Estimadas familias: 
De novo voltan as mochilas a viaxar polos voso fogares, cunha selección de libros, películas e música para toda a familia que esperamos se aproxime aos vosos intereses.
 Podedes telas na casa durante unha semana. Iniciarán a súa viaxe un venres e rematarano ao venres seguinte, para que outras familias disfruten do préstamo.
Pedimos a vosa importantisima colaboración nesta actividade: contándolles os contos aos máis pequenos, axudándolles para que se conserven (de igual xeito que o fan no cole), escoitando as músicas con eles e devolvéndoas na data indicada na propia mochila.
Facédenos saber calquera dificultade ou defecto dos materiais entregados.
As mellores intencións do equipo de biblioteca foron postas na selección, e por iso gustaríanos moito que anotarades as vosas imprensións e suxestións, si vos gustaron os libros, si botastes algo en falta.......
A DISFRUTAR!

SAÚDOS E LIBROS.

Agora podedes ver nestas imaxes o contentos que estaban os primeiros posuidores das mochilas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤