Ir al contenido principal

ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe conmemórase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e organízanse moitos actos dende diversos organismos para lembrar a esta grande escritora galega.
Tamén facémonos eco da proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que propoñen que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma de lembrar a importancia da lingua e homenaxear a esta escritora fundamental. A AELG abriu un blogue no que se van recoller iniciativas en relación con esta conmemoración
 Dende a Biblioteca queremos agasallarvos a todos e todas cunha recopilación dos seus  poemas máis coñecidos e musicados, ademais desta pequena xoia dixital.



Myebook - ROSALÍA DE CASTRO - click here to open my ebook

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤